A USC inaugurou no colexio de Fonseca a Biblioteca Internacional da Diversidade Cultural, un centro adscrito á biblioteca da USC que se compón de 5.000 volumes de 60 culturas e linguas distintas do mundo. O Centro tamén conta cun espazo expositivo, un centro de documentación especializado no libro infantil e xuvenil e unha sala para investigadores e presentacións literarias.