A Capela de Santa MarÃa, en Lugo, acolle desde onte a exposición Unha insua para DÃaz Castro, proxecto co que a Deputación Provincial lembra o autor homenaxeado no DÃa das Letras. A Deputada de Deseño e ArtesanÃa, Regina PolÃn, presentaba onte esta iniciativa, que recolle o traballo de creadores de diferentes disciplinas como Marcos Ladra, Ramón Villar ou Rut BalbÃs, arredor do poeta de Guitiriz. ArtesanÃa, danza, instalacións audiovisuais e fotografÃas intégranse para achegar “unha mirada peculiar sobre o universo do autor”, asegurou PolÃn. A mostra que estará na capela durante dúas semanas, poderá verse con posterioridade no Centro de ArtesanÃa e Deseño da Cidade da Muralla onde ficará instalada de xeito permanente.
En paralelo, a vicepresidencia primeira da Deputación está a desenvolver ao longo de todo o mes o programa Maio de lingua. Concertos, proxeccións, presentacións de libros, foliadas e actividades na rúa compoñen o programa.