Logo de cinco entregas, a revista El Arca de las Historietas, que coordina desde Vigo o guionista David Braña, inicia unha nova época. A editorial Serendipia, a través do selo Zona 84 Ediciones, asume a publicación que comeza numeración na súa vindeira entrega. Un total de 104 páxinas, das cales 22 son a cor, cun novo equipo de autores compoñen este número 1, que se presentará oficialmente no vindeiro Manchacómic, salón de BD de Castela A Mancha que se celebra entre o 22 e o 25 de maio.
Asimesmo, Braña adianta a publicación da segunda entrega da súa obra DOS. A editorial Drakul continúa esta serie co volume Buscando respuestas en Vigo na que o guionista residente en Vigo conta con Anel (José Manuel
Montoro) no debuxo e Alex Segura a se encargar da cor.