A Consellaría de Cultura convoca a I carreira Camiño das Letras

O Correlingua iniciou esta semana o seu percorrido polo país

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Consellaría de Cultura convoca a I carreira Camiño das Letras

A Consellaría de Cultura anunciaba esta mañá a I carreira Camiño das Letras, unha iniciativa que organiza o colectivo Xurdir e que chama a celebrar o Día das Letras a correr. O proxecto integra deporte, literatura e Camiño de Santiago, xa que será un traxecto de oito quilómetros nesta vía, entre Lavacolla e o Monte do Gozo, o que deberán percorrer os participantes o vindeiro domingo 18. En paralelo, outra carreira cultural, o Correlingua, comezou esta semana a súa andaina polo país. Logo de pasar xa por Pontevedra e Compostela, o evento celébrase hoxe en Lugo e continúa ata o vindeiro dezaseis de abril ata completar un total de 12 localidades.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Correlingua, Literatura, Camiño de Santiago, Monte do Gozo...