A construción de obras públicas (autoestradas, encoros, vÃas de ferrocarrÃsÂ…) condiciona a configuración do territorio e os seus bens. Por ese motivo, o Consello da Cultura Galega organiza un seminario que ten como obxectivo coñecer cales deberÃan ser os procedementos de actuación ante unha obra pública e a súa relación coa contorna. A cita, organizada pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG, terá lugar os dÃas 13 e 14 de maio na sede da institución.
Iago Seara e Carlos Nárdiz,profesores da Universidade da Coruña e membros da Sección do Patrimonio de Bens Culturais do CCG son os coordinadores deste encontro. “No proceso de construción e destrución do territorio, nomeadamente as autoestradas, o AVE e outras grandes infraestruturas, non paramos de asistir a exemplos da perda do noso patrimonio”, apunta Iago Seara. Por ese motivo, entre os obxectivos desta xornada preténdese achegar solucións para perfeccionar os procesos co cometido de que non se chegue a unha situación de perda do patrimonio. “Hai que reconducir e perfeccionar os procesos para evitar a súa irreversibilidade” apunta Seara