Dos dÃas escuros é o tÃtulo do poemario co que Mª Carmen Caramés Gorgal se impuxo esta fin de semana no XVII Premio de PoesÃa Johán Carballeira. O xurado, composto por Marta Dacosta Alonso, Miriam Ferradáns Ferradás e Alberte Momán seleccionou a obra entre as 43 presentadas. Asimesmo destacou "a capacidade para retratar unha situación tan difÃcil como a dos malos tratos e que isto se faga cunha linguaxe poética tan acertada, mediante a utilización de imaxes moi potentes e un ton que engancha á lectora e ao lector". O galardón que organiza o Concello de Bueu está dotado con 1.500 euros e mais a publicación da obra da man de Edicións Xerais.