A Zona Franca de Vigo adquirirá o antigo Reitorado de Areal ao Concello para ubicar nel o futuro Centro Gastronómico de Galicia. O proxecto aínda non está concretado pero a Zona Franca pensa nun centro do estilo do Basque Culinary Center do País Vasco.

