A xunta de goberno da Fundación Otero Pedrayo acordou outorgarlle o seu Premio Trasalba deste ano ao escritor AgustÃn Fernández Paz. A entidade recoñece asà na edición número 32 dos seus galardóns o traballo do autor "no eido da literatura dirixida aos lectores máis novos" asà como "o seu compromiso coa lingua e os movementos de renovación pedagóxica que empezaron a desenvolverse a partir dos anos 80". Fernández Paz recibirá o galardón na casa museo de Ramón Otero Pedrayo o vindeiro 29 de xuño, nun acto no que tamén se presentará un libro homenaxe sobre a súa vida e obra realizado para a ocasión.