A produción audiovisual que está a aparecer este ano sobre DÃaz Castro non se reduce a documentais sobre a súa vida e obra. A orixinalidade predomina no enfoque de varias producións, tanto no tema como no formato, á hora de tratar o homenaxeado. Retratos da súa aldea, telexornais ou diferentes representacións dos seus poemas son algunhas das propostas que están en marcha. Continuamos a serie de reportaxes sobre o audiovisual dedicado ao poeta.
Falar de DÃaz Castro sen falar exactamente del. A incidir nas circunstancias vitais e no contexto creativo do autor está en marcha o proxecto Os Vilares: Lareira de soños. Un libro con fotografÃas a cargo de Pastora Veres, paisana do poeta, e mais un documental en rodaexe de Cibrán Tenreiro percorren a parroquia do creador de Nimbos revelando a súa intrahistoria, patrimonio, tradicións, ritos ou personaxes populares. Segundo explica o director, a diferenza do libro de Veres que "parte do interior, dunha nativa do lugar, o noso enfoque tenta coñecer o lugar entrando dende fóra. Desa maneira, hai un choque entre a perspectiva que temos nós, que somos a primeira xeración das nosas familias que naceu nas cidades e temos unha relación co espazo moito menos marcada" e a que teñen os propios habitantes.
A voz dos veciños
Darlle voz aos propios veciños e paisanos do poeta marca o eixe desta produción "Tentamos non quedarnos na ollada do turista, aprender do que o lugar e a xente dos Vilares teña que dicir. Do mesmo xeito, procuramos evitar lugares comúns propios de cando se gravan zonas rurais, que moitas veces fican vencelladas á nostalxia por unha cultura que desaparece", explica o director. Nesa perspectiva, a atención ao cotián e ás historias persoais revélanse como vehÃculos para tratar o lugar de DÃaz Castro. "Nós falamos da identidade da parroquia a través de cousas que soen quedar á marxe na historia como os conflitos cotiáns, a roupa, a comida, o transporte ou as festas, pero que realmente son as que teñen importancia para a xente na súa vida".
A sona local
Dentro desa perspectiva local, Tenreiro recoñece que DÃaz Castro non ocupa un grande lugar na memoria dos veciños. "Os Vilares van estar ligados á súa figura para sempre, pero a importancia real de DÃaz Castro era máis ben pequena como persoa, tendo en conta que viviu moitos anos fóra. Hai quen o lembra máis como mestre que como poeta, pero as persoas importantes para a parroquia foron maioritariamente outras. Fálase dalgún párroco ou dun axente de extensión agraria máis do que del, e será esa xente a que máis presenza teña no filme". AÃnda en proceso de rodaxe, está previsto que o documental se estree cara ao mes de setembro e que se poña a venda naquela altura a acompañar o libro de Veres da man da editorial Galaxia.
Versión telexornal
Outra achega singular é a que realizan desde o centro de ensino de Dices, en Rois. AquÃ, os alumnos apostan polo formato de telexornal para abordar a figura de DÃaz Castro. O programa de media hora de duración emitiuse ao vivo pola rede, incluÃda unha entrevista con LuÃs González Tosar no estudio, o pasado 10 de abril. Entre os contidos deste telexornal abórdanse, con formato de novas, cuestións como a elección do autor para o DÃa das Letras, a importancia de Nimbos, a temática da obra de DÃaz Castro ou a pegada do poema Penélope. Todos estes tratados con especialistas como Armando Requeixo, Margarita Ledo, Mini e Mero, DarÃo Xohán Cabana, Rosa Aneiros, Xesús Alonso Montero ou Alfonso Blanco.
Entrevistas e poemas
Non contentos con este programa, LuÃs Aldegunde, profesor que coordinou o proxecto, aproveitou as entrevistas que se realizaron para o mesmo e, artellou cunha nova montaxe o documental A beleza fireume para sempre. A obra de Xosé MarÃa DÃaz Castro. Media hora de entrevistas máis polo extenso cos especialistas que colaboraron no telexornal.
A partir do mesmo material, outro video recolle sete poemas de DÃaz Castro recitados por estas mesmas voces.
Penélope animada
A animación como xeito de levar Penélope á rede foi a aposta pola que optaron no Obradoiro de plástica as Barxas. Paula Solla, de primeiro de Bacharelato, debuxou e deulle movemento aos versos do autor nun proxecto con certa estética manga que recolle un recitado colectivo do poema e que se pode ver na rede desde o pasado mes de novembro.
No IES Lagoa de Antela, pola súa banda, optaron por unha representación escénica do mesmo poema, incluÃndo proxeccións de imaxes e unha coreografÃa.
E non se pode esquecer a ambicisoa aposta do IES DÃaz Castro de Melide, con canción dedicada ao autor, versos musicados e mesmo un karaoke que se integran no proxecto
A lus do mundo.
Non son estas todas as producións arredor do DÃa das Letras que veremos este ano. Para alén de propostas como as que temos comentado na anterior reportaxe, non cabe dúbida que, a seguir a tendencia dos últimos anos, centros de ensino, produtoras ou asociacións apostan por reflectir en formato audiovisual as súas propias visións sobre o autor. Na nosa vindeira reportaxe revisaremos outra das apostas máis anovadoras neste sentido: O Proxecto Nimbos.