Da man da CRTVG a Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil Galix presentábase hai unha semana a campaña #engalegoleo. Esta iniciativa pretende promover a literatura na nosa lingua animando aos lectores a compartir as súas referencias mediante as redes sociais, nomeadamente Twitter. Ademais, a proposta conta cun web propio no sitio da CRTVG. A coincidir co DÃa do Libro, a campaña chama a concentrar os chÃos con este tag entre as 12 e as 14 horas de hoxe.