O Foro Reimprímete reivindicará o papel e o libro dentro da "hibridación" tecnolóxica

Celébrase mañá mércores 23 de abril na Fundación Caixa Galicia de Santiago

O obxectivo do Foro Reimprímete! é "reivindicar a importancia cultural, educativa, e socioeconómica do papel, do libro e da propiedade intelectual dentro do proceso de hibridación que se etablece coa intervención dos novos soportes tecnolóxicos". O foro contará coa lectura dun manifesto a cargo de Rosa Aneiros e unha serie de mesas redondas. O acto está organizado pola Asociación Galega de Editores e o Clúster Gráfico e do Libro Galego e conta co apoio de dezasete entidades empresariais e profesionais "que representan a 500 empresas".