A edición de hoxe do BoletÃn Oficial do Estado recolle a convocatoria de axudas da SecretarÃa de Estado de Cultura para proxectos privados de creación de contidos dixitais culturais en Internet. Estas axudas están dirixidas a profesionais autónomos ou empresas privadas para a realización de proxectos culturais que incrementen a oferta legal de contidos dixitais culturais e para promover a modernización e innovación das industrias culturais e creativas que actúen, entre outros, nos sectores das artes escénicas; artes visuais, patrimonio cultural, cine, televisión, radio, publicidade, videoxogos e artes interactivas, deseño de moda, novos medios de comunicación, música, libros, prensa, arquitectura, turismo cultural e deseño gráfico.
A aplicación orzamentaria dirixida para este fin en 2014 ten unha contÃa de 2.016.470 euros, un 12,5 % menos que o ano anterior, cos que se permitirá financiar ata o un máximo do 70 % de cada proxecto. O prazo de presentación de solicitudes para estas axudas que se concederán en réxime de concorrencia competitiva é de trinta dÃas naturais a contar a partires de mañá.