Dosier: Feísmo

Mil sinaturas apoian 40 propostas técnicas contra a desorde construtiva

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O arquitecto Carlos Coto presentoulle onte á Secretaria Xeral de Ordenación Territorial, Encarnación Rivas Díaz, a súa proposta de 40 medidas técnicas para combatir o feísmo. O documento deste especialista vén avalado con mil sinaturas e pretende diminuír a cantidade de vivendas sen rematar e de agresións contra a paisaxe e o patrimonio. Coto mantén en Facebook, a páxina Canibalismo urbanístico, tamén chamado Feísmo. A complexidade do fenómeno leva xa varios anos motivando diferentes iniciativas na nosa socidade, non sempre á contra. Coñece máis a situación no noso dosier.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Feísmo en positivo

Feísmo en positivo

Un foro do colectivo Ergosfera analiza a complexidade e as virtudes deste fenómeno

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Culturagalega, Facebook, Ergosfera...

Claves

Conceptos
Lugares