Logo dunha longa deliveración, o xurado do VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado anunciaba na tarde do pasado venres o seu veredicto. O estremeño Federico Delicado acadou os 9.000 euros do galardón co seu traballo Ícaro, que se immpuxo ás 255 obras chegadas de 21 países que aspiraban ao premio. O xurado destacou da obra gañadora "perfecta simbiose entre texto e ilustración, que se complementan mutuamente e ofrecen múltiples lecturas" nun libro que "non deixa indiferente a ninguén", facendo "dubidar" os lectores sobre "onde comeza a realidade e onde remata a fantasía".
O xurado, composto polo ilustrador portugués João Vaz de Carvalho, a escritora Fina Casalderrey, a mestra Ángeles Abelleira, Manuela Rodríguez en representación da editorial Kalandraka, o xefe do Departamento de Educación do Concello de Santiago, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, e a concelleira de Educación, María Castelao, acordou tamén declarar finalista o álbum Sonho com asas, das portuguesas Fátima Afonso e María Teresa Martinho Marques.
Tamén recomendou a edición de Antoni Gaudí, de Dàlia Adillón Mars, de Pescadoras, de Nadia Graciela Menotti Ayala e mais de Máquina Ballena, dos vigueses de Federico Fernández Alonso e Germán González Pintos.
O galardón é convocado anualmente pola editorial Kalandraka, que publica os traballos vencedores e mais polo Concello de Santiago de Compostela