Betanzos acolleu o pasado sábado a gala de entrega dos premios Irmandade do Libro, que outorga a Federación de Libreiros de Galicia. Ao xa anunciado galardón a Chus Pato como mellor autora de 2013 sumáronse neste encontro os premios á versión en galego do Ulises de Joyce, editado por Galaxia que foi recoñecido como Libro do Ano. A editorial Ouvirmos levou o premio á mellor Obra Editorial pola colección Cociña infantil e familiar e Rosa Aneiros fíxose co premio na nova categoría Libro Infantil y Xuvenil pola triloxía Ámote Leo A.. No ámbito dos centros de ensino, os libreiros premiaron o CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), no campo do fomento da lectura recoñeceron Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela e a tenda Ramón Cabanillas de Cambados foi considerada libraría de ano.