A Federación de Libreiros de Galicia outorgoulle a Chus Pato o premio Irmandade do Libro ao autor ou á autora do ano na XXIII edición. O xurado do galardón recoñeceu "a súa impecable traxectoria literaria, a singularidade e calidade da súa obra poética, a súa proxección universal, as colaboracións en revistas especializadas, ademais do seu traballo en publicacións colectivas, charlas e conferencias". Rianxo acollerá mañá á noite a gala na que se darán a coñecer os gañadores nas outras seis categorÃas destes galardóns, as correspondentes a centros de ensino, librarÃas, fomento da lectura, libro do ano, libro infantil e xuvenil e mais obra editorial.