Azares de Granell en zinc e papel é o primeiro tÃtulo da colección Cadernos de achados, a proposta editorial que presentaba onte a Fundación Granell. A obra escrita por Lorena RodrÃguez RodrÃguez, parte dunha mostra celebrada o pasado verán para propor unha ficción con catro personaxes que convidan a se achegar ao mundo de Granell. A colección, coordinada pola directora da Fundación, Natalia Fernández Segarra, pretende contar con diferentes autores que aborden desde perspectivas teóricas a textos de creación. A vindeira entrega será unha publicación sobre as obras inacabadas do pintor, unha tema que xa protagonizou unha exposición no centro o pasado ano.