Os festivais quentan motores

O Festival do Norte muda a sede mentres adiantan programas Resurrection, Reperkusión ou Derrame Rock

2/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Coa primavera vanse coñecendo novidades sobre os festivais que se celebrarán nos vindeiros meses por todo o país. Entre as máis rechamantes está o recente anuncio de que o Festival do Norte muda a súa sede de Vilagarcía para a Illa de Arousa. Será entre o 3 e o 5 de xullo cun cartel aínda por anunciar. Quen xa adiantou parte dos artistas cos que contará é o Resurrection Fest, que achegará a Ribadeo grupos como NOFX, Amon Amarth, Turbonegro, DOWN, Red Fang ou Texas In July entre outros. Tamén o ourensán Derrame Rock publicitou xa que nomes como Loquillo, La Pegatina, Attaque 77, Miguel Costas, Uzzuhaia ou Marky Ramoney fan parte do seu cartel para os vindeiros 20 e 21 de xuño. Desde Bemposta, a nova edición de Reperkusíón confirmou xa a presenza de Muchachito y sus compadres, Crasssh, Cuchufellos e Terbutalina. O evento desenvolverase entre o 11 e o 13 de xullo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Terbutalina, Resurrection Fest, Ribadeo...