A celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil está a motivar encontros e iniciativas por todo o país. Así, a Consellaría de Cultura presentaba onte o Galician books for children and young adults, un catálogo que recolle 148 títulos publicados no noso país e que pretende contribuír á difusión internacional destes traballos. Ademais, espazos como as bibliotecas públicas achegan unha programación especial con contacontos, exposicións bibliográficas ou obradoiros, e tamén o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra conmemora a data con Fina Casalderrey e Xabier P. Docampo como convidados.
Tamén a conmemorar a data, o vindeiro día 4 abre as súas portas no centro comercial compostelán Área Central a VII Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego, na que se ofertarán obra de preto dunha trintena de editoras.
Francisco Castro, presidente de Galix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, lembraba onte que os libros para os máis novos supoñen do 12,7% da produción editorial do país, unha cifra que case dubplica a porcentaxe estatal, segundo recolle hoxe Faro de Vigo.