Un libro-CD recupera a historia de Los Contentos

Unknown Pirate: Live amosa a forza ao vivo desta pioneira banda de garage

1/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Foron, en plenos anos oitenta, adiantados do son garage en Galicia. A banda luguesa Los Contentos volta á actualidade grazas ao libro Cuando ríes: Los contentos(unos malditos pioneros del Garage). Piti Sanz, un dos membros desta formación, rescata en colaboración con Luís Tosar e Fernando Fernández Rego a historia do grupo, a sinalar a influencia que este tivo en bandas posteriores. O libro acompáñase do disco Unknown Pirate: Live, unha gravación recuperada de cintas de cassete na que se amosa, sen cortes, o traballo do grupo ao vivo. O proxecto ve a luz da man de Xonix Records.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fernando Fernández Rego, Luís Tosar, Piti Sanz, Cortes

Claves

Conceptos