O plenario da Real Academia Galega, reunido o pasado venres, acordou nomear como membro de honra a escritora brasileira de orixe galega Nélida Piñón. Segundo apunta a RAG a autora, que mantén unha estreita relación co noso paÃs e xa recibiu outras homenaxes nel, "acolle un valor singular para a Real Academia Galega non soamente pola reivindicación explÃcita, pública e reiterada, da súa orixe galega, senón por situar a mesma en termos contemporáneos, é dicir, como constituÃnte da súa identidade persoal, expresiva e intercultural".
De xeito paralelo, a Academia pronunciouse sobre a solicitude do Concello do Carballiño de recoñecer a palabra "pulpo" como forma propia galega. A respecto deste debate, a institución "ratifÃcase na súa escolla de polbo como forma normativa recomendable", apuntando as dúbidas sobre o carácter patrimonial da forma "pulpo" e apuntando razóns de utilización de "polbo", tanto na fala como na escrita, asà como de diferenciación léxica e de continuidade do portugués.