Os Escritores escollen os finalistas dos seus galardóns

Dezanove obras compiten polos premios que se entregarán o 3 de maio en Pontevedra

Un total de dezanove obras compiten polos premios que outorga anualmente a Asociación de Escritores en Lingua Galega nas categorías de ensaio, narrativa, poesía, literatura infantil e xuvenil, teatro e traducíón. Canda a estas, danse a coñecer os finalistas nos premios ao mellor blog literario e mais á mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2013. Os premios entregaranse na Gala da Edición que se celebrará o vindeiro 3 de maio no Teatro Principal de Pontevedra. Canda aos finalistas, os Escritores deron a coñecer tamén os premios Mestras-es da memoria, que foi para Elba Requeijo e Xavier Blanco e mais o de Institucións Culturais, que recibirán o proxecto Buxiganda, a Área de Cultura da Deputación da Coruña os Concellos de Narón e Tui. Estes súmanse aos xa coñecidos galardóns Bos e Xenerosos e mais o de Escritor Galego Universal.

Blog Literario
§ Caderno da crítica, de Ramón Nicolás
§ Criticalia, de Armando Requeixo
§ Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández

Ensaio
§ A revolución non vai ser televisada, de Rebeca Baceiredo (Euseino? Editores)
§ Estilística da Lingua Galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato (Xerais)
§ Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez (Xerais)

Literatura Infanto-xuvenil
§ A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo (Xerais)
§ A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar (Biblos)
§ Todos somos, de Marcos Calveiro (Xerais)

Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2013
§ Ana Romaní
§ Carme Vidal
§ Fran P. Lorenzo
§ Iago Martínez
§ Montse Dopico

Narrativa
§ A lúa da colleita, de Anxos Sumai (Galaxia)
§ A memoria da choiva, de Pedro Feijoo (Xerais)
§ O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila (Galaxia)

Poesía
§ Habitación do asombro, de Miguel Anxo Fernán-Vello (Espiral Maior)
§ Ningún precipicio, de Olalla Cociña (Toxosoutos)
§ Raíz da fenda, de Berta Dávila (Xerais)
§ Sobre ruínas, de Xesús Rábade Paredes (Alvarellos Editora)

Teatro
§ Isóbaras, de Gustavo Pernas (Xerais-Xunta de Galicia)
§ O refugallo, de Paula Carballeira (Xerais-Xunta de Galicia)
§ Obras Completas (Vols. I, II e III), de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas)

Tradución
§ Desgastei cadeas estrañándote, de Ahmed Arif, traducido por Pepa Baamonde e Irfan Güler (Espiral Maior)
§ Ulises, de James Joyce, na tradución de Antón Vialle, Eva Almazán, María Alonso Seisdedos e Xavier Queipo (Galaxia)
§ Viaxe ao futuro. Relatos de ciencia ficción, VV. AA., en tradución de Alejandro Tobar (Vicens Vives)

Premio "Mestras-es da Memoria" 2014
Elba Requeijo e Xavier Blanco, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional.

Premio AELG 2014 "Institucións Culturais"
O proxecto Buxiganga, da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, polo seu labor de difusión e socialización do teatro galego.
Tamén a Área de Cultura de Deputación da Coruña, polo Premio de teatro Rafael Dieste
Narón e Tui entran no palmarés como concellos que dedican un especial esforzo ás artes escénicas.

Escritor Galego Universal 2014
Bernardo Atxaga

Premios bos e xenerosos
Sarabela Teatro, como agrupación profesional.
Achádego Teatro de Lugo, como grupo amador.
Asociación de Actores e Actrices de Galicia, en nome de todos e todas os que contribuíron ao desenvolvemento da escena galega.
Editorial Laiovento
Proxecto Casahamlet
Premio de teatro infantil da A. C. O Facho.