Foron un signo da emerxencia da presenza das mulleres creadoras nos anos 80 e 90 en ámbitos que superan o estritamente literario. Co seu traballo tocaron facetas como o asociacionismo, as creacións colectivas e moitas outras actividades desde un punto de vista nada académico. A súa morte prematura impediu ver a onde chegarían no noso tecido cultural pero o abondoso e fecundo do seu traballo deixou un testemuño recollido por numerosas creadoras. Unha xornada desenvolvida no Consello da Cultura mantivo viva a súa memoria cando se cumpren dez anos do seu pasamento. Foron (e son) Xela Airas e Luisa Villalta. Este tema contén, ademáis, dous documentais realizados por Illa Bufarda sobre as dúas autoras.
A razón vén determinada pola cuestión das cronoloxías. Son dez anos dos falecementos inesperados de dúas creadoras que, ademais dese feito, tiveron unha grande proxección social. Arturo Casas explica así o motivo polo que a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura dedicou unha xornada que el coordinou xunto con Ana Romaní sobre estas dúas figuras. Nela, alén de reflexionar sobre o contexto, o punto de partida que estas mulleres supuxeron, recolleron o seu testemuño e a ritmo de música, literatura e audiovisual para homenaxealas. A xornada recolle un interese por combinar dúas dimensións que elas praticaron: a académica con xente que as trataron e que se coñece a súa traxectoria e produción. Da outra, a de laboratorio, como tiveron unha actividade que supera o literario e que ten que ver coa música, coa fotografía, coa danza e mesmo co cinema puntualiza.
As converxencias
Compartiron moitos denominadores comúns. A súa formación filolóxica, a dedicación a docencia ao ensino medio e un gran activismo cultural. Recoñece Arturo que ambas mantiveron unha obra importante que hai que lembrala, que ten moito interese en relación con cuestións que seguen vivas e que teñen moito interese para nós. E non só iso, hai temas recorrentes nelas como é a cuestión da vida na cidade, a cuestión do corpo, a cuestión da voz da muller, a cuestión da participación social e cultural. Estas converxencias citadas son importantes pero non as únicas. Foron creadoras moi polifacéticas e moi ricas puntualiza Casas.
Outra similitude é que a ambas lle interesou a cuestión escénica. Xela Arias preparaba a versión escénica de Intempériome, o seu último poemario, mentres que, Luisa Villalta preparaba un texto sobre o barrio do Papagayo na Coruña. Estaba tamén moi interesada polo teatro de Álvaro Cunqueiro e escribiu varias pezas breves afirma.
Úneas o feito de que o seu legado exhibe unha dimensión e unha necesidade de vivir a vida con intensidade, de non renunciar á experiencia de intervención. Xela Reflexiona sobre esta idea dun xeito xeracional no texto En concreto.
As diverxencias
Luísa Villalta e Xela Arias conviviron no contexto, coñecíanse pero segundo recoñece Arturo Casas, non eran amigas no sentido de se xuntarse para facer cousas de común. Cada unha tiña inquedanzas separadas e iso amosa varias diferenzas no seu legado. En canto ás diverxencias, asume Arturo, Luisa Villalta tivo atracción pola prosa narrativa. Pola súa condición de filóloga tivo unha dedicación maior ao feito literario ensaístico que Xela non practicou . E non só iso, Luisa Villalta tamén era músico, pertenceu á Xove Orquestra Sinfónica de Galicia e esta faceta adquiriu especial relevancia no seu traballo creativo.
O seu forte compromiso co noso país, a súa intensa dedicación ás artes que marcaron a súa vida, a música e a poesía inzaron unha bandeira, a de autoras-creadoras, que abriu unha etapa na historia recente da nosa cultura.