O Instituto Nacional de EstatÃstica daba a coñecer onte os seus datos sobre a produción editorial de libros. Nestes, revélase un grande afundimento da produción de libro galego, que pasou de 1.322 tÃtulos en 2012 a só 739 no pasado ano, algo máis da metade. O descenso supón a redución na nosa lingua no sector editorial a niveis anteriores a 1999 e consolida a tendencia á baixa que se rexistra desde os máximos de 2008, cando se publicaron 2.070 tÃtulos en galego. O número de tÃtulos editados en Galicia tamén se reduce e pasa de 2.660 a só 1.869. A nosa lingua descenden dous puntos no conxunto de obras que se publican no paÃs, cun 42,38% dos tÃtulos. A ratio é similar á de anos anteriores aÃnda fica lonxe do 60% da edición en galego que se deu en 1990.