O recinto feiral da Piazza Costituzione de Boloña acolle ata o 27 de marzo a súa popular feira do libro. Unha cita de referencia a nivel europeo á que o sector editorial galego leva asistindo 25 anos. Nesta ocasión levarán os seus últimos traballos BaÃa Edicións, Editorial Nova Galicia, Biblos Clube de Lectores, Editorial Galaxia, Edicións Xerais, OQO Editora e mais Kalandraka Editora. Asisten coa presenza da Xunta de Galicia, a través da secretarÃa xeral de Cultura que tamén colabora na edición do novo catálogo de libros infantÃs e xuvenÃs de Galicia que realizou Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) en edición trilingüe.