Se polo xeral a celebración dun DÃa das Letras contribúe a que se coñeza máis polo miúdo o traballo dun autor, a dedicatoria da efeméride a Xosé MarÃa DÃaz Castro este ano promete realmente unha descuberta deste creador. Coñecido fundamentalmente polo poemario Nimbos, as investigacións recentes están a tirar á luz unha enorme cantidade de inéditos e amosan unha figura poliédrica e de grande importancia.
"Despois deste ano imos ter un DÃaz Castro completamente distinto". Asà de claro se manifesta Armando Requeixo, autor dunha tese doutoral sobre o poeta e mais de Xosé MarÃa DÃaz Castro. Vida e obra entre outros traballos. Segundo recoñece este investigador, "o DÃa das Letras favorece a popularización das figuras homenaxeadas, e niso DÃaz Castro non é diferente. É certo que fronte a outros autores distinguidos se cadra era un autor do que se tiña un coñecemento moito máis telegráfico, por dicilo dalgún xeito. Pasa un pouco con todos, pero neste caso podemos dicir que o continente que ficaba por descubrir era moito maior do que noutros. En realidade penso que se antes deste ano lle preguntases a calquera pola rúa por el, mesmo a xente do sistema literario, recoñecerÃano como o autor de Nimbos e de Penélope pero non se poderÃa afondar moito máis".
O que ficará
No entanto, e segundo apunta este autor, logo desta celebración "verase que non é un autor dunha única lectura, senón que, como acontece cos clásicos, está aberto a múltiples interpretacións". Como obxectivo "eu quedarÃa realizado se ao final do ano calquera persoa máis ou menos interesada pola cultura galega fose capaz de dicir que ademais de Nimbos e de Penélope lle soa que hai tamén un tradutor moi interesante, un poeta que escribiu máis obras, autor noutras linguas e que tamén colaborou en diferentes medios". Nese sentido vaticina que o DÃaz Castro que nos quedará logo do DÃa das Letras "será o autor dun gran libro e tamén doutras obras igualmente interesantes, sen que faga falla dicir que todo o que fixo é excelente".
Un autor discreto
Encol dos méritos que fixo o autor, Requeixo non ten dúbida, e recoñece que o pouco eco do seu traballo débese en certa medida ao propio homenaxeado. "É un autor que lle dedicou a vida á literatura e á cultura galega, outra cousa é que iso despois tomase corpo público. Por distintas causas, se cadra non estivo tan presente nos cÃrculos literarios ou na historiografÃa como poderÃa ou deberÃa" explica. "A singular vida que levou", con longas estancias fóra do noso paÃs e dedicado á súa vertente de tradutor, canda á "súa natural discreción acabaron reducindo a súa presenza pública a ese único poemario, no que hai textos emblemáticos. Pero iso
tampouco axuda a que a xente teña unha relación máis fonda coa súa obra".
As descubertas
Fronte a ese descoñecemento, segundo asegura Requeixo, "o ano vainos dar a oportunidade de abrir foco, de redescubrir a DÃaz Castro, e de tirar á luz moitas facetas tan interesantes como as que xa se coñecÃan e que permanecÃan agochadas". AsÃ, apunta como algunhas das achegas máis destacadas que se irán vendo traballos como o de Segundo Leonardo Pérez. "Acometeu unha lectura da poesÃa de DÃaz Castro desde o punto da vista da transcendencia da súa obra e do espiritual en sentido amplo. Esa perspectiva dificilmente a pode abordar un filólogo, porque as armas de prospección que ten un teólogo como é o autor non as temos nós. E isto tamén achega unha visión que enriquece o poeta e faino múltiple". Canda a isto, salienta a "edición de referencia de Nimbos, ao coidado de LuÃs González Tosar. Parte da última versión revisada polo autor e pretende ser a que quede fixada para o futuro". O mesmo texto desta edición estará integrado na PoesÃa galega completa que sairá, tamén da man de Galaxia, en abril, editada do propio Requeixo. O libro septuplica o número de textos que coñeciamos do autor chairego e "recolle toda a poesÃa inédita e non compilada do autor". Se en Nimbos atopábanse unicamente 32 composicións, o traballo de Requeixo compila máis de 200, o que realmente supón unha mudanza importante na envergadura do poeta no conxunto das nosas letras. "É certo que non hai moitos textos da altura de Nimbos pero a obra permite ver a traxectoria poética do autor desde a súa adolescencia ata as súas últimas obras". Como anexo, o volume recolle un epistolario con persoeiros como Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro, Ricardo Carvalho Calero ou LuÃs González Tosar, que participaron nas sucesivas edicións que viu o libro. A estas achegas súmase, tamén da man de Requeixo, o volume Xosé MarÃa DÃaz Castro, vida e obra. "É a primeira biografÃa completa do autor, co primeiro estudo integral da súa produción, incluÃndo poesÃa en castelán e outras linguas, artigos, pequenos ensaios, obra varias e mesmo traballos de produción".
A tradución
A estes traballos engadÃase a pasada semana o volume Cartafol de Traducións e outros poemas , unha compilación de Requeixo editada polo Consello da Cultura Galega. A obra recolle traducións e versións facsimilares de textos poéticos de autores como Rilke, Lamartin ou Victor Hugo, canda a composicións do autor escritas directamente noutras linguas como o francés, o alemán ou o latÃn. Nese sentido, segundo apunta Requeixo, "a vertente do seu traballo como tradutor é moi descoñecida. Hai novelas que traduciu el ao castelán de autores foráneos para editoras españolas de referencia, pero os poucos destes textos poéticos que viran luz só apareceran en revistas e en xornais difÃciles de atopar". AsÃ, segundo apunta, "este libro é unha contribución de interese. Probablemente o libro máis diazcastriano que sairá este ano, porque é o único que xungue as súas dúas grandes paixóns e dedicacións vitais, por unha banda a poesÃa e pola outra a tradución". E é que DÃaz Castro desempeñou un importante labor neste campo, que levaba a que editoras de referencia no panorama estatal o chamasen para traballar con elas. O seu coñecementos de idiomas, que incluÃa ruso, danés, sueco, inglés, francés, alemán, italiano, portugués ou catalán amosan unha capacidade inédita a nivel estatal na intelectualidade da súa época. Segundo resume Requeixo, "seguramente cando a Academia acordou dedicarlle o DÃa das Letras non dubido que gravitaba entre os seus membros a idea de que DÃaz Castro era un territorio por explorar non totalmente coñecido".
Focos pendentes
Malia ás achegas que prometen revolucionar a nosa visión sobre o autor, Requeixo apunta que continúa a haber perspectivas pendentes. "Hai cuestións que me gustarÃan que se estudasen con máis exhaustividade, fÃas que algúns avanzamos pero que deixamos abertas para que se vaian investigando de xeito comunal. Fica aÃnda un traballo por facer do DÃaz Castro colaborador en medios de prensa. Desde os anos 40 colaborou con algúns textos en El Pensamiento Navarro, hai algúns textos localizados pero falta facer un traballo de recuperación exhaustivo. O mesmo acontece co Faro de Vigo, é un eido no que aÃnda se pode traer material, supoño que non como para que mude radicalmente o xeito en que o coñecemos pero si para complementar o seu perfil".
Cartafol de Traducións e outros poemas no web do Consello da Cultura Galega."Despois deste ano imos ter un DÃaz Castro completamente distinto". Asà de claro se manifesta Armando Requeixo, autor dunha tese doutoral sobre o poeta e mais de Xosé MarÃa DÃaz Castro. Vida e obra entre outros traballos. Segundo recoñece este investigador, "o DÃa das Letras favorece a popularización das figuras homenaxeadas, e niso DÃaz Castro non é diferente. É certo que fronte a outros autores distinguidos se cadra era un autor do que se tiña un coñecemento moito máis telegráfico, por dicilo dalgún xeito. Pasa un pouco con todos, pero neste caso podemos dicir que o continente que ficaba por descubrir era moito maior do que noutros. En realidade penso que se antes deste ano lle preguntases a calquera pola rúa por el, mesmo a xente do sistema literario, recoñecerÃano como o autor de Nimbos e de Penélope pero non se poderÃa afondar moito máis".