O CCG acolle unha xornada sobre o culto e o popular na tradición oral galega

As Conversas Atlánticas celébranse hoxe xoves 20, a partir das 18 h.

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Antonio Balboa, Antonio Reigosa e Mariño Ferro

Antonio Balboa, Antonio Reigosa e Mariño Ferro

Cal é a influencia da literatura culta no imaxinario e na tradición oral galega? Para responder a esta pregunta, o Festival Atlántica de Narración organiza as Conversas Atlánticas, unha reunión de divulgación e debate ao redor do imaxinario e a tradición oral de Galicia, que se celebrarán hoxe a partir das 18 h. no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Desta volta, tres destacados especialistas debullan os mitos e o imaxinario do país. Ás 18 h., o historiador Antonio Balboa explicará as orixes dun dos grandes mitos de Galicia, o da Raíña Lupa. De seguido, o investigador Antonio Reigosa e o antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro analizarán a influencia da literatura culta nos contos e nas lendas populares. A entrada ao evento é gratuíta.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un mar de palabras

Un mar de palabras

O Festival Atlántica de Narración Oral arrinca hoxe con máis de cincuenta eventos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradición oral, Literatura, Xosé Ramón Mariño Ferro, Ramón Mariño...