Vellas pelÃculas que se revelan agora como un ben cultural que cómpre protexer. Retratos dunha época que saen das gabetas familiares e chegan á rede. A Agrupación Cinematográfica Galega bota a andar cun Arquivo de Cine Doméstico que amosa o atractivo que teñen estas microproducións no panorama actual. Comezamos con este reportaxe un repaso sobre diferentes iniciativas arredor do patrimonio visual que se están a desenvolver no noso paÃs.
O proxecto Arquivo Galego de Cine Doméstico é, como o seu nome indica, un repositorio que permite navegar por categorÃas de filmes que, ademais, tamén se presentan xeolocalizados nun mapa. Escenas familiares, momentos especiais, traballo, viaxes, vida cotiá ou outros son os elementos que compoñen a clasificación destas producións que se poden consultar na rede. Entre estes atópanse curiosidades como imaxes dun safari de 1975 ou unha danza rodada en Bulgaria. No entanto, a maior parte do material recuperado correspóndese cunha serie de temas máis ou menos constantes. “Os motivos de gravación son semellantes e repÃtense. Vodas, aniversarios, banquetes ou lúas de mel repÃtense, mellor ou peor gravados, unha e outra vez”, explica Pablo Gómez Sala, un dos membros da Agrupación Cinematográfica Galega, o colectivo vigués que botaba a andar recentemente esta proxecto. AÃnda que centrados no cinema doméstico, é dicir, gravado por operadores non profesionais e pensado para consumo familiar e privado, o proxecto “vai evoluÃndo. Por exemplo, incluÃmos unha voda gravada en 16mm en 1956 por un profesional. Non é estritamente doméstico, pero incluÃmola como un acontecemento familiar”.
O encanto dun formato
Pablo Gómez recoñece que é o encanto do formato un dos elementos que os animaron a botar a andar este proxecto de recuperación. “Nós desde hai moito empregamos para pequenas producións formatos fotoquÃmicos como os 16 milÃmetros e o Super 8. Entón fÃxonos graza o cinema doméstico como fenómeno xeral de documentación xeral”. E apunta a que esta proposta non é nin moito menos a única que se desenvolve neste sentido. “Moita xente está a traballar nesta mesma dirección, é unha mentalidade que xa estaba noutros paÃses e que agora comeza a callar aquÃ. Unha vez que a sociedade está nunha situación na que pode atender a cousas non inmediatas, dáselle importancia ao que se ten e ao que se superou”. Na mesma liña que agora desenvolve a Agrupación, Gómez cita como non o traballo pioneiro de Lilifilms en Galicia. Esta compañÃa, xa desaparecida, desenvolveu a comezos dos 2000 un traballo de recuperación e proxección de filmacións domésticas. Parte do equipo participa agora na organización do Festival S8 da Coruña. Esta cita, que celebrará este ano a súa quinta edición, está centrada en producións que empregan este tipo de soporte e amosa o interese que existe polo formato no noso paÃs. Fóra de Galicia, iniciativas como Your Lost Memories desenvolven tarefas similares ás da Agrupación, pondo en liña antigas filmacións de carácter privado.
Conservar e colleitar
Desde a Agrupación sinalan que aos problemas de conservación habituais deste tipo de material, que tende a se deteriorar co tempo, súmanse outros especÃficos do noso paÃs. “Falamos de filmes que moitas veces están moi esquecidos e non se gardan ben. E neste clima húmido estráganse con facilidade e é sinxelo que se perdan". Para colleitar todas estas pequenas producións, a Agrupación propón un servizo que lles interesa a moitos dos seus propietarios: dixitalizar de balde o material. “Nós non ficamos co material fotoquÃmico, non temos tampouco capacidade para o gardar axeitadamente. Dixitalizámolo e o propietario leva o orixinal e mais a copia dixital. Nós gardamos outra copia”. Para dar a coñecer o proxecto, os membros da agrupación desenvolven un intenso labor que inclúe mesmo a distribución de publicidade por portais. Malia ao interesante que pode semellar a oferta, Gómez recoñece que o groso do material chega a través do contacto persoal. “Cómpre insistencia e importa moito o boca a boca”.
O emprego
Unha das dificultades do proxecto é obter os permisos para compartir na rede un material que expón directamente a intimidade dos protagonistas. “Hai fobia a pór imaxes dun mesmo en Internet, aÃnda que atopamos de todo”. A agrupación no entanto, verte ao dixital todo o material que lle proporcionan, mesmo aÃnda que non se publique despois na páxina. “Temos discos duros cheos de filmes que os seus propietarios non queren facer públicos, aÃnda que tentamos convencelos. Gardámolos porque pensamos que ao final será unha especie de cofre”. De cara a facilitar esa publicación, na Agrupación teñen moi en conta a vontade dos propietarios e manteñen o control sobre todo o material, que conta cunha marca de auga do colectivo e non se pode compartir noutras webs. “É un entorno controlado, e fan parte dun proxecto concreto, non se poden copiar noutro lugar”. Para alén do valor de memoria que posúen estas producións, os responsables da agrupación teñen claro tamén o potencial creativo que posúen estes arquivos. “Ten moitÃsimas posibilidades narrativas. Nós podemos facer algunha montaxe puntual con este material pero unicamente con fin de promocionar o arquivo, para os empregar doutro xeito cómpre os permiso dos propietarios”.
Do arquivo ao futuro
Para alén da recuperación de memoria, “que nos permite manter unha actividade constante”, a Agrupación nace coa vocación de apostar polos novos creadores do audiovisual. A formación no ámbito audiovisual é unha das liñas de traballo fundamentais. A creación de máscaras de látex ou as filmacións aéreas ou o stop motion son algunhas das propostas que manexan. A maiores, ofertan a posibilidade de apoio técnico para quen queira gravar as súas propias producións. “Estamos abertos a botar unha man en proxectos audiovisuais que nos parezan interesante, sobre todo en traballos de xente nova, tanto en termos de produción como de equipos e de traballo”, explica Gómez. Ademais, o colectivo aposta por desenvolver iniciativas de ocio audiovisual para público infantil, como obradoiros para facer videoclips ou, a mais longo prazo, “buscar un local para facer proxeccións de filmes antigos para nenos”. A ligazón entre o pasado e o futuro a través do audiovisual.