Con vistas á celebración, o vindeiro 21 de marzo do DÃa Internacional da PoesÃa, as bibliotecas nodais de Galicia preparan unha ampla programación. Lecturas poéticas, certames, obradoiros e mostras bibliográficas fan parte das actividades da conmemoración. Préstamos de obras sorpresa, creación literaria e contos para os máis cativos ou obradoiros de improvisación oral son algunhas das actividades previstas nos centros de Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela.