Despois dos recortes chega a supervivencia. “A maior parte das obras que se poden ver este ano no ALT falan de escuridades, fanse casi en silencio, unha luz negra as invade…creo que agora mesmo nas artes escénicas o importante é sobrevivir”. Asà fala Lola Correa, directora do Festival ALT que comeza hoxe en Vigo a súa décimo terceira edición. Quince espectáculos de teatro e danza nun encontro de referencia.
Tres estreas absolutas e tres estreas en Galicia. A crise meteu en cintura a este festival en 2012 e esa redución chegou para quedarse. Se en 2013 se condensou a programación sen renunciar á calidade e á intersección entre xéneros, neste ano repÃtese formato. Catro dÃas, quince pezas, tres estreas absolutas, catro estreas en Galicia e diferentes colaboracións dun festival que suma 45.000 euros de orzamento entre diferentes administracións (local e autonómica).
ALT-exhibición
O primeiro dÃa do programa chegan dous pratos fortes, dúas estreas absolutas de dúas compañÃas galegas. “AÃnda que no ALT sempre apostamos por compañÃas de fóra, para que a xente poida ver o que se está a facer noutras zonas do Estado, nesta ocasión quixemos poñer o énfase na creación galega” asegura Lola Correa, a súa directora. Ana Vallés estrea o seu Teatro invisible no que pon en escena a súa propia biografÃa, para reflexionar sobre a substancialidade dos seus actos pasados co fin de verificar e comprender o funcionamento das cousas en xeral e das persoas en particular. Canda esta obra, Licenciada Sotelo& CÃa presentan Silencio por favor no que exploran as diferentes manifestacións e concepcións do ruÃdo e do silencio a través do movemento. Unha obra que regresa ao mesmo festival no que se xestou en 2013, no marco da sección ALT Procrea. Era aquel un espazo para apoiar a creación de novos proxectos e novos creadores, aos que o festival concedÃa a súa experiencia acumulada de doce edicións. A terceira estrea absoluta do programa é Yo vivo de mi cuerpo de Félix Fernández, que se adentra na relación entre corpo, capitalismo e traballo. Nunha nota de prensa remitida polo propio creador explica que o eixo central do seu proxecto escénico fai compartir escena a unha superestrela do Pop, a un varredor e a muller dun corrupto. E para esta estrea contará coa presenza da estrela do pop electrónico Jëan Fixx, que fará unha actuación en exclusiva
ALT como creación
Na edición pasada o FestiALT estreou unha sección destinada a promover, apoiar e darlle aparataxe a proxectos alternativos e innovadores. Para a súa primeira edición o ALT ofrecÃa a súa man a catro creadores: Mercé de Rande (SaÃndo das tebras por treboada) , Estela Lloves(Doce apertas para cre(c)er), Diego Anido (Symon Pédricri) e Nuria Sotelo (Silencio, por favor). As dúas últimas están presentes nesta edición do encontro. Se Nuria estrea aquÃ, Diego Anido ofrecerá a versión rematada do seu Symon PedigrÃ, onde relata a terrible sombra dun cirurxán autodidacta perseguido polo recordo e morte do seu irmán homónimo.
Para este ano, preséntanse dous novos proxectos en proceso no marco desta sección. Un deles é Amor de Helen Bertels que fala do amor a través do desamor. O outro é Das Tebras e Treboadas a través de Mercé de Rande. Son dúas propostas de danza contemporánea que se adhiren á liña de traballo do ALT. “Sempre foi a nosa intención apoiar novos proxectos” apunta Lola que este ano, mantén a liña “en feminino” que entronca con actividades desenvolvidas en anos anteriores. E para iso, este ano contan co apoio da área de igualdade da Universidade de Vigo.
De momento, o reto deste festival é convencer aos públicos e creadores nese panorama complicado que toca no momento actual. “Por mor dos recortes e da asfixia á cultura en xeral caeron moitos encontros como o Escena Contemporánea de Madrid e moitos outros” apunta Lola Correa.