Un acto poético e musical máis un volume lembran a figura de Xela Arias

Cúmprense dez anos do pasamento desta poeta e tradutora

Xela Arias. Foto: arquivo Aelg
Xela Arias. Foto: arquivo Aelg
O instituto Álvaro Cunqueiro de Coia acolle hoxe un acto que ten como obxectivo lembrar a figura de Xela Arias (Lugo, 1962- Vigo, 2003) cando se cumpren dez anos do seu pasamento. Manuel Bragado, Fran Alonso, María xesús Nogueira, Plar Carro, Eduardo Estévez, Avelino González, Ana Iglesias, Mercedes Queixas son algúns dos participantes deste encontro que se fará a golpe de literatura e música. O verbo chega da man dunha mensaxe de María do Carme Kruckenberg, e a musica de Xardín Desordeado e o clarinete de Fernando Abreu (acompañado pola voz da poeta Iolanda Zúñiga). Non será a única actividade desta poeta e tradutora xa que, segundo informa Faro de Vigo, a editorial Xerais prepara a reedición da súa obra. É María Xesús Nogueira a que coordina esta publicación que inclúe obras como Denuncia do equilibrio, Tigres como cabalos, Darío a diario, Dorna, Intempériome e poemas soltos que a poeta publicara en prensa.