As axudas á tradución que convoca a ConsellarÃa de Cultura manteñen a súa contÃa para o bienio 2013-2014. En total, distribuirase un máximo de 200.000 euros entre os proxectos seleccionados, dos cales un 60% investirase en traducións doutras linguas para o galego e o 40% restante en versionar obras da nosa lingua noutros idiomas. Por anos, en 2014 a orde prevé unha partida de 90.000 euros e para 2015 outra de 110.000. Os proxectos que se presenten a esta convocatoria poderán recibir un máximo de 6.000 euros cada un.