O famoso Pergameo Vindel, que valera para encadernar un tratado de Cicerón do século XIV, contiña as sete famosas composicións de MartÃn Códax que abriron o coñecemento de que en realidade eran cancións, xa que seis delas tiñan notacións musicais. Onte, a ConsellerÃa de Cultura, o Parlamento de Galicia e a Real Academia Galega presentaron unha edición conmemorativa dos cen anos da descuberta do pergameo. O libro Martin Codax. Bañarnos emos nas ondas! As sete cantigas. O Pergamiño Vindel conta coa transcrición das cantigas e a súa tradución a oito linguas.