Todo comezou en 1997 na Facultade de Informática da Coruña. Cinco amigos con diferentes intereses no mundo das computadoras e na cultura comezaron a pensar en qué poderían facer ao remataren a carreira. Axiña se decataron de que no noso país existía unha eiva en canto á aplicación de novas tecnoloxías a campos coma a lingua ou a educación. Era ademais o intre en que Internet comezaba a popularizarse, e viron claro o camiño da súa empresa: Imaxin Software.
En Imaxin pensamos que as novas tecnoloxías son fundamentais para conseguir a normalización da lingua, sinala Diego Vázquez, un dos fundadores. Hai moita xente que di que non escribe en galego porque non o sabe facer ben, e se dispoñen dun corrector farano. Máis do 70% do traballo da empresa está na actualidade relacionado coa lingua e a cultura galega. O feito de que non houbese empresas dedicadas á aplicación das novas tecnoloxías nestes ámbitos antes débese, segundo Diego a que non é un campo que dea cartos directamente, non o merca ninguén, ou contas co apoio da administración ou llo vendes despois. Se fas ferramentas de emprego masivo é máis sinxelo.
Persoas de varios tipos
De calquera xeito, a cousa non foi mal, e hoxe os cinco compañeiros iniciais transformáronse en doce persoas, partindo sempre do clima multidisciplinar no que se xestou a empresa. Á xa inicial disparidade de intereses que incluía desde programación a deseño pasando por diferentes inquedanzas culturais, sumáronse especialistas dos máis diversos campos. Ademais de comerciais e de persoal de administración, Imaxin conta con asesores lingüísticos e pedagóxicos, documentalistas e mesmo ocasionalmente completa o seu cadro de persoal con ilustradores ou guionistas, segundo o precise o traballo que se vai desenvolver.
Corrixindo
O primeiro traballo que iniciaron foi o deseño do primeiro corrector ortográfico baseado en enxeñería lingüística para o galego. Existía ata entón o Corrixe, un programa desenvolvido desde o Instituto da Lingua Galega que se baseaba na comparanza das palabras dun documento con listas xa predeterminadas. Desde Imaxin decidiron ir máis aló e ter en conta factores coma as conxugacións verbais e os problemas propios dunha lingua coma a nosa. Segundo eles en todo texto minorizado, existen por unha banda erros comúns a linguas normalizadas e erros específicos das minorizadas e os dous tipos de erros esixen un tratamento diferenciado. Desde o seu lanzamento en 1999 o éxito do programa foi inmediato, sendo distribuído gratuitamente desde a Dirección Xeral de Política Lingüística.
Ata Microsoft
O seu seguinte traballo foi tamén pola liña da corrección lingüística. Logo do Galgo seguiron no traballo co autocorrector 2Mil, unha versión que revisaba automaticamente o texto e ampliaba as posibilidades do Galgo. O impulso dado desde o goberno galego a este producto permitiu que se incluíse de serie no Microsoft Office XP; isto é algo que moita xente non sabe, que teñen un corrector en galego que poden empregar". Durante o último ano, e xa sen apoio da Xunta, a empresa está a traballar en actualizar o programa para adaptalo ás novas versións do Office, xa que Microsoft elimina todo corrector que non se manteña actualizado cada vez que edita unha nova versión dos seus programas.
Diccionarios
Sobre a mesma base do Galgo, e por encarga esta vez de Edicións do Cumio, fixeron o Diccionario Cumio da Lingua Galega, que engade ás funcións de corrección a definición das palabras seleccionadas e a posibilidade de busca por palabras. O seu último proxecto neste eido foi a edición do Diccionario de Diccionarios, un proxecto do Instituto da Lingua Galega financiado pola Fundación Barrié que recolle nun só CD todos os diccionarios do noso idioma realizados entre 1863 e 1962. Este proxecto, pioneiro en Europa, e non sabemos se no mundo, sinala Diego, levoulle dous anos de traballo á empresa.
Xogar é aprender
Os membros de Imaxin déronse de conta das posibilidades das novas tecnoloxías de cara á normalización e á educación, o que os levou a seren pioneiros no desenvolvemento de videoxogos na nosa lingua. O misterio das sete pezas foi o resultado dun concurso que convocou o Concello de Santiago na busca de iniciativas para normalizar o noso idioma. Nós pensamos que hai que empregar o noso idioma nos mesmo eidos no que o empregan os nenos, sinala Diego. A experiencia, moi ben acollida, repetírona co lanzamento, en xaneiro de 2003 con Maju contra os robots destructores para a Deputación de Guipúscoa, que nesta ocasión mestura o xogo de computadora co de taboleiro para promover o ensino da lingua vasca.
Pasa para fóra
A exportación é, para os responsables de Imaxin, unha opción necesaria para a supervivencia. Deste xeito, na actualidade están a traballar en varios proxectos para Valencia e Euskadi, e colaboran con empresas vascas e portuguesas para desenvolver novos productos. Neste último ano un 20% da facturación da empresa veu do exterior. Segundo Diego, no caso de Euskadi é un apoio total, é moito máis fácil presentar proxectos e valórase o traballo, mentres que en Galicia non hai unha política institucional neste sentido. Ademais do xogo Maju contra os robots destructores, a empresa tamén realizou o primeiro diccionario electrónico inglés-éuscaro.
Ómnibus
Non ten que ver exactamente coa informática, e desde logo non é un negocio, pero os de Imaxin querían tentalo, e en 1999 propuxéronlle a un grupo de xente da cultura facer unha publicación en Internet, aínda que aquel intento quedou en nada logo duns poucos números. En xullo do 2002 relanzaron cunha periodicidade bimensual a idea aproveitando novas tecnoloxías. Ademais de contribuír á normalización da cultura galega na rede, esta publicación sérvelle a Imaxin para coñecer o público da rede e probar novos sistemas de edición.