O Festival literario Coruña Mayúscula prestará atención este ano á literatura de viaxes, coa participación de escritores como César Antonio Molina, Javier Reverte ou Eduardo Riestra ou Javier García Montero. O evento tamén analizara a poesía feita por mulleres en Galicia, cunha conversa entre Eva Veiga e Carmen Blanco. E haberá actividades para o público, con obradoiros de relato (Inés Mendoza), Poesía (María Canosa) e novela (Silvia Kohan).