A Arribada volta a Baiona

A vila celebra a súa festa renacentista a vindeira fin de semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Arribada volta a Baiona

A Festa da Arribada celebra esta fin de semana a súa nova edición en Baiona. O evento inclúe actuacións musicais a cargo do grupo Martin Códax, teatro de rúa da man dos Quinquilláns, un mercado medieval, malabarismos, e espectáculos como torneos medievais ou tiro con arco. No marco do evento, a vila acolle desde onte o II Ciclo de Conferencias "Pueblos colombinos de España", no que se tratan cuestións como a importancia do porto de Baiona na Idade Moderna ou a pegada dos portos colombinos na descuberta de América.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baiona, Teatro, Idade Moderna, América...