O Consello da Cultura galega presentou esta mañá en rolda de prensa o Epistolario dixital de Rosalía de Castro, unha colección de dezaseis cartas enviadas pola poeta e que suponen a primeira edición conxunta destes textos. A nova lectura das cartas profunda na imaxe da Rosalía moi consciente de ser escritora.
Na rolda de prensa estiveron presentes Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, vicepresidenta do CCG e María do Cebreiro Rábade, unha das editoras da correspondencia.
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, situou o Epistolario dixital de Rosalía de Castro na perspectiva máis ampla do proxecto de Epistolarios dixitalizados que está a emprender o CCG. Para Rosario Álvarez Blanco, vicepresidenta do CCG, hai que encravalo nun exercicio de recuperar a memoria e facela presente, así como de crear novo coñecemento, e dentro dos proxectos de máis longo alento acometidos polo CCG, tras seren fixados no ano rosaliano de 2013.
O Epistolario dixital de Rosalía de Castro pode consultarse en epistolarios.consellodacultura.org. O Epistolario dixital de Rosalía de Castro supón a segunda incorporación dunha colección de correspondencia ao Proxecto Epístolas do Consello da Cultura Galega. Son 18 cartas que Rosalía remite a Manuel Murguía, Eduardo Pondal ou a Ángel Baltar, e que foron editadas polo Centre de la Dona de la Universitat de Barcelona, baixo a dirección de Helena González, María Xesús Lama e María do Cebreiro Rábade.
Precisamente esta editora suliñou que estas cartas supoñen unha revalorización da investigación biográfica ao redor de Rosalía de Castro, xa que na nova transcrición realizada para a súa publicación, aparecen importantes matices que realzan o papel de Rosalía como escritora consciente de selo e cunha marcada ironía, talento e vontade de estilo, segundo María do Cebreiro Rábade.