O Consello da Cultura Galega e AERNA organizan unhas xornadas para coñecer o impacto ambiental e económico do Prestige

Prestige baixo o foco

O Consello da Cultura Galega e a Asociación Hispano- Portuguesa de Economía de los Recursos Naturales y Ambientales (AERNA) organizarán para os vindeiros 7 e 8 de marzo unhas xornadas destinadas a analizar o impacto económico e ambiental da catástrofe do Prestige. Os expertos tomarán como base as experiencias doutros accidentes marítimos coma os do Erika ou do Exxon Valdez. Manuel Varela, un dos coordinadores das xornadas, indicou que é “o primeiro encontro científico deste tipo que nos permitirá avanzar no camiño da elaboración dun informe sobre as consecuencias económicas e ambientais do ‘Prestige’

Fai a preinscricion para as xornadas
aquí e máis información no Consello da Cultura