Galicia recupera presenza na Feira Internacional ARCO, que arrinca hoxe en Madrid. Logo de varios anos nos que só tres galerías asistían a este evento, nesta edición serán catro as salas galegas que se achegan ao mesmo. Canda a elas, outras tres firmas viaxarán á capital española para participar nos encontros paralelos Art Madrid e Jäälphoto. O panorama, por vez primeira en anos, semella convidar a un mínimo optimismo.
Logo de edicións nas que chegou a haber cinco galerías galegas, a presenza de espazos do noso país na feira de arte contemporánea mais importante do Estado levaba varios anos estancada en tres firmas. A crise economica, que afecta de xeito particular a este sector, canda a debates sobre o modelo da feira motivaron sucesivos abandonos. No entanto, semella que a modesta recuperación nos resultados na anterior xeira do evento, que no caso das firmas galegas veu motivada fundamentalmente polo coleccionismo privado, animou a unha maior participación neste 2014. Así, firmas xa habituais deste mercado como Ad Hoc e Bacelos acoden de novo. Canda a elas repite a compostelá Trinta, que estivera ausente do evento varios anos e voltou en 2013.
PM8 ascende
Como novidade no encontro, súmase á representación galega galería PM8. Segundo explica Francisco Salas, director do espazo, "asistimos este ano porque é a primeira vez que podemos, xa que a organización esixe dous anos de traballo expositivo para poder participar". A presenza no encontro é para el fundamental e fai parte desde o comezo da vocación da galería viguesa. "Considero este proxecto desde o comezo como unha iniciativa internacional. Nese sentido, esta é a única feira española que ten unha calidade suficiente, mesmo sen ser o súmmum. O ideal sería que houbese máis encontros de calidade". O posto de PM8 realiza unha aposta ambiciosa ao presentar un proxecto realizado especificamente para feira. Segundo explica Salas "Affective afinities: works out of performance and action é un proxecto curatorial artellado a través dunha serie de traballos que xorden no contexto performativo e da acción. Trátase dunha iniciativa internacional na que se traballa por afinidades artísticas, sen ter en conta outros condicionantes". No mesmo, a galega Loreto Martínez Troncoso compartirá espazo con Fina Miralles (Sabadell , 1950), Gabriel Pericàs(Mallorca, 1988), e mais co hondureño Adán Vallecillo (1977).
Esperanzas e IVE
A conta de resultados da anterior edición "que non foi mala, aínda que non se pode comparar coas de antes da crise", segundo apunta a directora de Ad Hoc Inés Ramiro, anima as galerías á hora de enfrontar a nova xeira. No entanto, os responsables recoñecen tamén que non hai motivos concretos para o optimismo. "Non sei por qué se di, pero hai un mellor ambiente e todo o mundo semella dicir que este ano pode ir mellor, hai máis expectativas", sinala Ramiro. Se a edición 2013 de ARCO estivo marcada polo incremento do IVE cultural ao 21%, o imposto continúa a pairar sobre a xeira de 2014. Desta volta, o sector amosa a súa decepción logo de que o Ministerio de Facenda anunciase unha redución ao 10% da taxa para o comercio de obras artísticas, xa que a mesma só afecta a transaccións entre particulares e non se deixará sentir nos prezos das galerías. "Tiñamos esa ilusión cando saíu o ministro a dicir que baixaba o IVE, pero ao final resultou un xerro de auga fría. Continuamos a xogar en desvantaxe fronte a galerías doutros países, que teñen un IVE moito máis baixo do que nós", lembra a directora.
Ad Hoc
A galería viguesa centra a súa aposta para este ano en artistas que xa teñen probado o seu éxito en anteriores edicións. "Como case sempre contamos con Carme Nogueira, pola que apostamos moito. Está nun bo momento e os museos préstanlle moita atención. Tamén levamos traballos de Suso Fandiño e mais do brasileiro Rubén Manos" xa presentes en anteriores edicións do evento. Como novidades, "incorporamos a Itziar Barrio, vasca que reside en Nova York e máis a parella vasco-galega Vázquez/Arrieta, ademais do portugués João Marçal". Isidoro Valcárcel Medina, que achega dúas obras, estará tamén o posto da galería. En canto a formatos, a galería apunta especialmente á pintura e á fotografía, aínda que tamén conta con instalacións e vídeos. "Semella que nos últimos anos a pintura está a ter máis éxito, pero tamén hai xente que só colecciona fotografía e entón iso ten tamén certa saída", recoñece Ramiro.
Trinta e a importancia de ARCO
Malia a súa ausencia de varios anos, rota en 2013, Chus Villar reivindica desde a galería Trinta a importancia de asistir ao evento madrileño. "Sempre é estupendo a nivel de visibilidade, tanto para os artistas como para a galería. Fanse contactos a todos os niveis, e aínda que as expectativas non son como as de hai anos, si que hai certa animación este ano". Entre os artistas polos que aposta o espazo compostelán destaca a presenza de Daniel Bervis que "no canto de presentar unha obra realizará un mural no stand". Canda a el, o posto acollerá traballos de José Ramón Ais, Elena Blasco, Esther Ferrer, Juan Hidalgo, Miquel Mont, Carlos Pazos, Curro Ulzurrún e os galegos Berta Cáccamo, Vari Caramés e Pamen Pereira. Fronte ás críticas que en anteriores anos chegaron desde o sector sobre o modelo de feira, en Trinta destacan que "estamos moi satisfeitas coa nova dirección e co equipo. A organización funciona moi ben, así como o programa de coleccionistas estranxeiros e tamén as plataformas virtuais coas que colabora a feira. Nós o ano pasado conseguimos algún cliente por esa vía". Nesta edición ARCO conta coa plataforma Artsy, que permitirá coñecer en liña todas as obras expostas no evento.
Predominio vigués
Bacelos, galería viguesa habitual no evento e que conta cunha sede en Madrid, completa a presenza galega na feira. Desde esta sala participarán no evento traballos do galego David Ferrando Giraut, da vasca Abigaíl Lazkoz e mais de Fermín Jiménez Landa. É de destacar que, agás a compostelá Trinta, a totalidade das galerías galegas en ARCO son de Vigo. Isto pode interpretarse como un traslado do eixe da arte contemporánea do país cara ao sur, cando menos á hora da presenza en eventos deste tipo. En anos anteriores os espazos composteláns SCQ e C5, hoxe desaparecidos, outorgábanlle un maior peso á capital neste sentido.
As alternativas
De xeito paralelo a ARCO, haberá tamén galeristas do país nos eventos que se celebran estes días en Madrid e comparten en boa medida público coa recoñecida feira internacional. No entanto, mentres sobe a representación na Feira Internacional logo de anos, semella que o interese por estoutras citas diminúe, xa que unicamente tres galerías participan nas mesmas, menos que en anteriores citas. Así, a compostelá Metro volta a Jäälphoto na segunda edición desta feira especializada na imaxe, ao igual que a pontevedresa About Art. O centro compostelán achegará traballos de David Catá, Sheila Pazos, Rosendo Cid, Ana Gil, Carlos Maño y Edu Valiña, mentres a segunda, pola súa banda, levará ao evento unha selección de fotografías e videoarte de Alejandra Sampedro,Santi Vega, Miguel Vida e Filippos Tsitsopoulos. Ao tempo, en Art Madrid, evento que inaugura sede no centro da cidade, confírmase a presenza da coruñesa Moret Art, xa por sexto ano. No entanto, JustMad fica sen presenza do país ao deixala PM8 por ARCO e ao desaparecer a compostelá A.deFuga, que tamén participara o pasado ano nesta cita.
Art Madrid
Encol da participación en Art Madrid, Nuria Blanco, directora de Moret Art manifestou sentirse "feliz" por seren seleccionadas de novo para o que considera "unha cita clave do mercado da arte en españa". Centrada en fotografía, escultura e pintura, o espazo coruñés presentará na feira un proxecto centrado na figuración da man de firmas como Álvaro de la Vega, Rosa Muñoz, Xurxo Gómez-Chao ou Héctor Francesch entre outros artistas. A seguir a política da galería, un 70% dos creadores que levan ao encontro son galegos.
Como resumo, pódese apuntar que na presenza de galerías do país detéctase unha certa consolidación. Galerías xa habituais en ARCO, Art Madrid e Jäälphoto semellan atopar os seus nichos no mercado de arte da capital e asentan as súas propostas mentres outras como PM8 entran con forza. No entanto, a recuperación é tímida, e a inestabilidade do mercado impide facer previsións a longo prazo.

Propostas das galerías galegas nas feiras madrileñas. 2014
Isidoro Valcárcel Medina. Escala 1:1, 2013.Galeria adhoc.Tinta sobre papel cristal e papel kraft branco.
Gabriel Pericas. Objeto (despues de una buena idea). 2010
PM8 Pezas de madeira curvada de dúas cadeiras Thonet encoladas.
José Ramón Ais. Composición 3, 2012.
Trinta. Fotografia a cor.
Fermín Jiménez Landa. Semillas de secuoya gigante sembradas en la acera, 2013
Bacelos. Debuxo, cadeira e unha semente. Vista da instacion en 1646.
Filippos Tsitsopoulos.The Cabinet of Curiosities of Mr. Bonsai, 2013.
About Art en Jäälphoto.Retrato dixital manipulado.
Traballo de Rosendo Cid. Metro en Jäälphoto.
Héctor Francesch Conde Vader
Moret Art en Art Madrid. Acrílico sobre lenzo.