Considerado un dos máis importantes tratados medievais sobre veterinaria, o Liber de medicina equorum de Giordano Ruffo, circulou no seu tempo por toda Europa e foi traducido a diferentes linguas, entre elas o galego. Agora, da man do Instituto da Lingua Galega e mais da Fundación Barrié acaba de ver a luz un volume no que o investigador Gerardo Pérez Barcala presenta unha edición deste texto no que, a respectar as formas lingüÃsticas do momento, corrixe erros de anteriores versións. O traballo de Pérez Barcala revela ademais a importancia do léxico presente na obra, na que aparecen por vez primeira diferentes palabras da nosa lingua, nomeadamente as referidas a cabalos, as súas enfermedades e os seus coidados.