Mañá, 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio. A celebrar esta efeméride Ponte... nas ondas! convoca para mañá unha xornada en Pontevedra que se centrará nas radios escolares. A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolle a partir das 17 horas o "radiovisual" Na Ponte, un evento conducido por Xurxo Souto e Rocío Pereira que repasa dúas décadas de traballo da asociación da man de múltiplos colaboradores e convidados. Ademais, de xeito paralelo, preséntase canda á Asociación Internacional de Radios Educativas un manifesto no que se reivindica a importancia das radios escolares na formación dos alumnos e se reclama a creación dunha canle radiofónica específica para estes proxectos.
Ponte... nas Ondas! celebra o Día da Radio
As radios escolares protagonizan mañá unha xornada en Pontevedra
24 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
1 lugar identificados

