Hai cincuenta anos que botaba a andar Grial da man da editorial Galaxia. Esta publicación de referencia acaba de presentar o seu número 200 e aproveita a efeméride para abrir unha serie de reflexións sobre o futuro da nosa cultura. AsÃ, a actual entrega recolle textos de Marilar Aleixandre, XoaquÃn Fernández Leiceaga, Edelmiro López Iglesias, Henrique Monteagudo, X.M.Núñez Seixas ou Ramón Villares a analizar a evolución de aspectos como a educación, a lingua, a sociedade, a economÃa ou a Galicia exterior ao longo destas cinco décadas. Ademais,recupéranse dous textos históricos do primeiro número da revista a cargo de Ramón Piñeiro e Xohana Torres. Xosé Manuel Dasilva, Malores Villanueva, Dolores Vilavedra, Inma López Silva, Agar Ledo ou Daniel Beiras son outras das sinaturas que participan no número.
Segundo sinalan desde Galaxia, no cando de optar por un número especial, a editora pretende celebrar o aniversario abrindo unha serie de reflexións sobre o futuro de distintos aspectos da nosa cultura que se irán publicando en sucesivas entregas da revista baixo o epÃgrafe 50 anos con GRIAL.