Vigo redescobre os seus edificios perdidos. Cen mil visitas dun vÃdeo no que se poden ver os principais elementos do patrimonio arquitectónico desaparecido da cidade, un libro sobre o tema e mais unha aplicación no móbil son os máis recentes exemplos do interese que teñen este bens. Por se non ficase claro, cinco edicións esgotadas de Vigo, la ciudad que se perdió, libro de referencia desde hai máis de vinte anos sobre a cuestión, amosan un interese mantido por esa paisaxe urbana que xa non existe.
Un vÃdeo que amosa nun contexto actual o aspecto que terÃan diferentes espazos da cidade de Vigo se non se tivesen derrubado algúns dos edificios monumentais que marcaron durante anos esta paisaxe urbana. Esta idea é a que desenvolveu Cristian Freire en Vigo. Arquitectura perdida , un proxecto didáctico que buscaba "protestar e concienciar a xente, sobre todo as novas xeracións, sobre todo o que se perdeu" e que vÃa a luz en abril de 2012.
A cidade de entón, hoxe
O vÃdeo que acaba de superar as cen mil visitas en Youtube pretende, mediante técnicas de manipulación fotográfica "amosar como serÃa a cidade hoxe se non tivesen desaparecido estes edificios. Non querÃa reproducir fotografÃas antigas senón amosar unha situación actual con eles na paisaxe". Para isto, Freire tivo que procurar documentación gráfica de xeito exhaustivo. "Foron necesarias moitas imaxes, porque algunhas son máis reveladoras do que outras e achegan máis detalles para recrear eses edificios", explica. A partir das mesmas, o autor procedeu a tirar fotografÃas desde os mesmos puntos das orixinais para, a seguir, introducir nestas o antigo edificio, inserilo no seu contorno e darlle cor. Todo este proceso pódese seguir nun making of que Freire publicou en abril de 2013 na rede a explicar o seu método de traballo. Ademais da reconstrución, o autor preocupouse de obter datos sobre as datas de construción e derrubamento e tamén as causas da desaparición de cada peza.
No entanto, Vigo. Arquitectura perdida non quedou aÃ, senón que continuou posteriormente cun libro da man de Flashback Ediciones que amplÃa a información do vÃdeo e se amplÃa algúns casos que o autor conseguiu documentar con posterioridade. O proxecto acaba de coñecer unha nova encarnación na forma unha aplicación gratuÃta para teléfono móbil na que se poden contemplar xeolocalizadas as reconstrucións de Freire.
Os pioneiros
Unha grande parte da documentación que manexou Freire para o seu traballo veu do libro Vigo, la ciudad que se perdió, un traballo de investigación pioneiro que desenvolveu o arquitecto e membro do Instituto de Estudos Vigueses Jaime Garrido durante anos e que viu a luz en 1991, esgotando desde aquela cinco edicións. "Xa cara a 1967 me din conta que non habÃa nada escrito sobre a arquitectura de Vigo. ExistÃan edificios espectaculares que se construÃron en pedra a finais do século XIX e comezos do XX da man dunha burguesÃa adiñeirada, nun momento no que a cidade se estaba a enriquecer. Naquel momento Vigo era moi coñecida internacionalmente e circulaban postais cos principais edificios da cidade e coas rúas empedradas". Ao tempo, "ao ver como se estaba a dar a destrución desa arquitectura patrimonial, quixen documentar todo iso, e conseguÃn facer o libro ao gañar un concurso de investigación da Deputación de Pontevedra". O traballo de Garrido recolle, canda aos edificios que se derrubaron, tamén proxectos que non chegaron a se realizar, todos eles amplamente documentados.
O que se perdeu
Entre a trintena de edificios que recolle o vÃdeo de Freire, o autor apunta algúns exemplos destacados de desaparicións. "Por exemplo está o edificio Rubira, que tiña unha elaboración pétrea destacada e ocupaba un lugar importante. É curioso pero foi unha entidade bancaria o que o derrubou para construÃr unha sede máis simple". Canda a este, apunta outros como o antigo Hotel Continental, a casa do conde Torrecedeira ou a fábrica de fariña La Molinera "curiosa porque era dos poucos edificios de tixolo vermello nun momento no que predominaban as construcións de pedra". Entre as maiores "aberracións" sinala que o concello derrubase parte dun castelo para construÃr a torre do edificio actual, resulta sangrante que o propio goberno local agredise asà o patrimonio da cidade". Dun xeito máis xeral, os dous investigadores apuntan as importantes alteracións que sufriron moitos baixos comerciais da cidade. "Derrubábanse muros de pedra e facÃanse grandes escaparates para lucir os produtos na rúa, e isto deterioraba enormemente os edificios", lembra Garrido. "As rúas Urzaiz, PrÃncipe ou Colón foron das máis castigadas por mutilacións nos baixos ao construÃr escaparates, marquesiñas ou letreiros", sinala Freire.
Motivos para a desfeita
Encol das causas que motivaron a desaparición de tantas construcións singulares en toda a cidade, os dous investigadores coinciden en sinalar o "desarrollismo" que se deu nos anos 60 e a conseguinte especulación inmobiliaria como causas fundamentais da desfeita. AsÃ, Cristian Freire sinala que na época "cumprÃa un crecemento rápido da cidade e deuse un auxe da construción. Como non existÃa ningún tipo de catálogo que protexese estes edificios era moi sinxelo mercalos e derrrubalos para poder construÃr". Do mesmo xeito, Garrido considera que "foi ese desarrollismo dos anos 60 e 70 o principal culpable. Houbo un falso pensamento de que todo iso era antigo e tiña que se modernizar, pero iso encubrÃa unha especulación que procuraba construÃr edificios con máis metros cadrados, eliminando aqueles pisos que tiñan teitos a tres e catro metros de altura". O fenómeno, no entanto, non foi en absoluto exclusivo da Cidade OlÃvica nin se pode considerar que alà acadase proporcións diferentes a doutras urbes do Estado. "É unha situación xeneralizada, aÃnda que houbo lugares máis castigados do que outros", lembra Freire. AsÃ, apunta o feito de que cidades máis industrializadas e que viviron un maior crecemento nos anos sesenta e setenta puideron sufrir un maior castigo. "Cónstame que A Coruña tamén sufriu perdas importantes, ao igual que Ourense ou, en menor medida, Pontevedra".
Consciencia crecente
Tanto Freire como Garrido sinalan que o obxectivo dos seus traballos foi sempre concienciar a sociedade da importancia dun patrimonio gravemente atacado e en serio risco de desaparición. Segundo Garrido, a súa investigación "pretendÃa concienciar e sensibilizar a xente, e sobre todo as autoridades. Naquel a momento a especulación era terrible". Semella que, nesta ocasión, a divulgación revelouse como un xeito efectivo de promover a protección do patrimonio. Os dous investigadores constatan que, para alén do interese popular por esta cuestión, tamén se está a verificar nos últimos ano un importante xiro nas polÃticas municipais a este respecto. Garrido, apunta que "se escribiron moitos libros á parte do meu, o Colexio de Arquitectos fixo un importante traballo de denuncia e semella que as autoridades comezaron a se concienciar de que non se podÃa deteriorar isto como se facÃa". Confirma Freire a idea de que "nos últimos anos a cidade mudou bastante. Estase a recuperar o casco vello, que estaba abandonado, quérese iniciar a restauración da fachada do Berbés, hai edificios en Carral ou na Porta do sol que se queren recuperar e en xeral hai outra mentalidade para as rehabilitacións. Fanse mellor e tentan ser mais fieis ao orixinal".
Interese social e outros proxectos
De xeito paralelo ás mudanzas a nivel administrativo, o éxito destes proxectos amosa o interese social polo aspecto pasado da cidade. Reforza esta idea a existencia de proxectos de divulgación paralelos como o que desenvolveu tamén en Vigo xa en 2001 Francisco Pardo, no que facÃa unha reconstrución virtual da cidade decimonónica. Tamén en Flashback Ediciones saiu recentemente Vigo setenta años para crear una ciudad de Salvador Fernández de la Cigoña. Na obra o autor fai un repaso fotográfico pola evolución da paisaxe urbana entre 1870 e 1940. Mesmo se pode considerar a reivindicación de espazos abandonados e da arquitectura industrial, con propostas como Entremos na Panificadora, como outra mostra do crecente interese pola antiga arquitectura. Nese sentido Garrido apunta a curiosidade de que "despois do libro sobre a arquitectura desaparecida fixen outro sobre os edificios de pedra que aÃnda se conservan, pero este non tivo éxito".
Malia ás melloras, queda aÃnda traballo por facer, e Freire apunta a posibilidade de ampliar o seu traballo con novos vÃdeos e producións nas que se poida continuar a investigación sobre estas xoias perdidas. "Estou a atopar novas fotografÃas de edificios que ata o de agora non tiña documentados, non descarto continuar se vou conseguindo nova información". Público non falta para o que semella un patrimonio en consolidación.