A actriz e contacontos Sole Felloza é a gañadora do I Premio de Narración Oral "Cociña de contos", co relato "A cociñeira do rei". O premio está convocado pola editorial pontevedresa OQO Editora para candidatos do Estado español, Portugal e Polonia, que debÃan gravar o seu relato en vÃdeo. O premio consiste nunha suma económica de 2.000 euros maila edición do libro en varios idiomas da UE (galego, castelán, portugués, polaco).