Falamos dunha arte secreta. De autores anónimos, sen cara coñecida e que asinan con pseudónimos as súas obras. Uns traballos que, por outra banda, están a miúdo nos lÃmites da legalidade. O graffiti non é un ámbito do que resulte sinxelo redactar unha historia. Co proxecto Nome, unha serie documental que está publicar na rede, Abraham Caride descúbrenos a importancia que chegou a ter este mundo na Cidade de Ourense.
Malia ás dificultades, non se pode negar que existe unha historia de graffiti. Claro que se trata dunha narración fundamentalmente oral, na que os afeccionados a esta forma de expresión van constituÃndo o seu canon de obras e artistas de referencia, anécdotas e biografÃas. Non se trata, nin moito menos, dunha análise sistemática, e son moitas as lagoas que se detectan. Mais si existe, nos cÃrculos de coñecedores, consciencia dunha historia, local, galega, estatal ou internacional. E nesa historia aparece sen dubidar o nome de Ourense como un punto quente do graffiti no noso paÃs e mesmo fóra del a comezos dos anos noventa. "Hai moita historia aquà e a xente non o sabe. Vese este mundo como unha cousa de chavais que se aburren e fan falcatruadas", explica Abraham Caride, director de Nome.
A voz e o anonimato
O documental naceu como un proxecto fin de carreira para os estudos de deseño do director. Como non podÃa ser doutro xeito, dado o carácter oral desta historia da arte urbana, as entrevistas marcan a base da narración. "QuerÃa traballar a partir do que narran os protagonistas das historia", lembra Caride. Nachei, Jamaoh, Ted7, Soge, Dusem, Mon, Dew, Westy, Abrah, Trapas, Dash, Antrax e BK son alias que aparecen no documental e que levan o peso da historia. "O guión funo facendo sobre a marcha. Segundo os datos que Ãan aparecendo Ãase formando", recoñece o director. O traballo amosa ás claras boa parte dos problemas para se achegar a este mundo. Son moitos os informantes que aparecen identificados unicamente polo seu alcuño artÃstico e que non amosan as súas caras á cámara. "Eu querÃa manter no documental o carácter de anonimato que existe no graffiti, e entón cada quen aparecÃa se querÃa e como querÃa. A maior parte da xente optou polo anonimato, porque iso é tamén a esencia desta arte, vese a obra pero non o autor".
Atopar as voces
Malia a que estas dificultades podÃan supor atrancos serios para a creación dun produto audiovisual, o director tiña clara a súa aposta. "A xente que fala destes temas en xeral son profesores de arte ou expertos en historia. nós queriamos narralo a través dos protagonistas". No entanto recoñeceu a dificultade por establecer os contactos e obter a información deste mundo, mesmo sen ser el alleo ao mesmo. "Durou máis a busca de información do que a gravación. Botei como un ano detrás de xente para conseguir que me falasen. E moitos dicÃan que si pero logo non os daba localizado. Ao irse publicando o documental na rede foime máis fácil conseguir colaboracións, e fóronme aparecendo contactos", explica.
A importancia de Ourense
"É certo que nos 90 e ata comezos do 2000 Ourense e Vigo eran dúas cidades que destacaban a nivel estatal, moita da xente que traballaba aquà tamén se movÃa noutras cidades españolas. Pero iso só se sabÃa dentro dun cÃrculo fechado. Hoxe entre algo que aparece na televisión, as publicacións especializadas e, sobre todo Internet, sábense máis cousas" explica o director. Encol do xeito en que se deu esa efervescencia precisamente na Cidade das Burgas, recoñece que é complicado sinalar causas. "Foi algo que se deu en certo xeito en toda Galicia. Penso que tivo certa influencia a emigración, todos os rapaces que voltaban no verán de Madrid ou de SuÃza e traÃan revistas, fanzines ou fotografÃas de murais, cousas que naquel momento non se vÃan aquÃ. E logo por curiosidade houbo xente que comezou a pintar. Iso en Ourense pasaba moito, pero noutras cidades do mesmo tamaño ao mellor non acontecÃa". Segundo apunta, aqueles tempos resultaban practicamente heroicos para os grafiteiros. "Non tiñan moita información e a imaxinación contaba moito para facer as obras. Hoxe hai tendas de pintura e de esprais, e é máis sinxelo documentarse. Mesmo existen máis opcións para se desprazar e traballar fóra ou coñecer outras cidades, pero daquela era máis difÃcil".
Documentación gráfica
Mesmo co efémeras que a miúdo resultan estas obras, suxeitas a vandalismos, limpezas ou a modificación constante da paisaxe urbana, existe documentación sobre os graffitis. A fotografÃa, xa sexa do propio autor da obra ou doutros afeccionados, revélase en ocasións como o único rexistro que fica de obras que, en ocasións, contan en horas ou en dÃas a súa existencia. AsÃ, para alén de testemuños orais, o traballo de Caride inclúe tamén un importante traballo de recuperación documental. "A xente foime pasando material e eu mesmo tiña bastante porque sempre me gustou sacar fotografÃas destas cousas. AÃnda asà tardei moito para conseguir certas imaxes que me facÃan falla e conseguir ter un pouco de todo o que se conta, pero estou contento porque en xeral a xente participou e implicouse".
Pintar hoxe en Ourense
A situación actual, malia á maior visibilidade e recoñecemento que teñen estas formas de creación ,dista, segundo Caride, de ser óptima. "Por Ourense movémonos bastante, pero en xeral segue a estar mal valorado. No Paseo do Miño tiñamos un dos maiores muros de Galicia e posiblemente de España que era un espazo estupendo para traballar, e empedrárono. Hoxe o nivel é diferente, segue a haber xente que fai cousas, pero xa se perciben máis as influencias de estilos internacionais.
Valorar para o futuro
De cara ao futuro inmediato, o director pretende completar a gravación do documental, do que ata o de agora publicou catro capÃtulos en Youtube. "En total penso que serán nove ou dez vÃdeos, e depois pretendo facer unha montaxe con este material para ter unha versión reducida". Para alén da difusión en redes, Caride pretende relizar unha edición fÃsica do mesmo, e en paralelo ten a intención de ampliar o proxecto coa edición dun libro e un web especÃfico onde se recollan, entre outras informacións, mapas cos grafitis existentes en Ourense e novas informacións sobre esta arte secreta. "Aquà hai unha importante canteira de artistas que xa están a traballar e non se olla para eles. PoderÃa ser un aliciente turÃstico pero prefÃrese investir noutras cousas", denuncia.