Un ano máis, a Asociación de Escritores en Lingua Galega fai un chamamento á sociedade galega para celebrar, o vindeiro 24 de febreiro, o DÃa de RosalÃa. Para alén de animar a concellos e entidades públicas a institucionalizar esta celebración, este ano a entidade propón unha actividade especialmente orientada aos centros de ensino. AsÃ, con Graffiti RosalÃa, a AELG quere animar a complementar os actos públicos de homenaxe e de lectura de poemas coa realización de murais nos que se inscriban versos da autora, "de modo que o alento da súa voz se faga presente continuo para toda a cidadanÃa galega". Os interesados en participar destas iniciativas, poden contactar coa AELG para garantir a difusión das súas activides.