iProxectos para manter o xornalismo

Reportaxes, divulgación científica e plataformas de contidos, nos proxectos apoiados

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Portada de Viaxe aos recordos

Portada de Viaxe aos recordos

Son proxectos xornalísticos que nacen xa fóra das cabeceiras tradicionais. Formatos híbridos . Novas revistas. Plataformas de distribución de contido. As Bolsas iPROX, outorgadas polo Colexio de Xornalistas co apoio de Novagalicia Banco, fomentaron a creación de catro produtos moi diferentes aos que damos un repaso.

gCiencia. Promovida por Eduardo Rolland e Pablo López Campos, é unha revista informativa sobre ciencia, e dentro da ciencia, moi orientada cara a investigación. “Queremos achegar á sociedade a I+D+i e concienciar sobre a súa importancia para o desenvolvemento do país. E, por suposto, reivindicar a calidade dos profesionais,d as universidades e dos centros de investigación”.

Visita gCiencia.

Miríades é un proxecto notablemente distinto.Trátase dun gabinete de prensa multimedia en alta definición, administrado por xornalistas, no que poden “subir contidos informativos en formatos profesionais para divulgalos entre o público obxectivo, que son os traballadores dos medios”. Foi promovido polos xornalistas Xurxo Salgado, Manuel Vilas, e Xosé Bocixa (vídeo) e Miguel Núñez (foto).
Visita Miriades.net

Viaxe aos recordos é a reportaxe dunha historia centrada na emigración galega. A reportaxe multimedia en liña –das poucas que na actualidade se poden atopar en lingua galega- ten como fío condutor a visita de Mercedes Bastón, viúva de Hermelindo, aos lugares de Holanda nos que traballou, viviu durante os trinta anos que estivo emigrado neste país. O proxecto foi levado a cabo por Belén Blanco e Xela Cuñarro.

Visita Viaxe aos recordos.

Galicia soa. Unha reportaxe concebida como unha revista papel (que se pode navegar de xeito interactivo) e que explora os motivos e as circunstancias da desertización demográfica de parte do rural galego. Seis reportaxes en diferentes partes de Galicia e catro entrevistas a expertos compoñen este documental

Visita Galicia soa

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Ciencia, Eduardo Rolland, Eduardo Rolland...