A loita contra o franquismo. A busca de referentes musicais propios. A conexión con correntes internacionais. As divisións polÃticas. A fusión. A recuperación de instrumentos tradicionais. O Movemento Popular da Canción Galega, que se desenvolveu entre 1973 e 1978 reflicte un tempo complexo que deixarÃa un pouso fundamental no desenvolvemento da música en Galicia. Antón Seoane, un dos protagonistas desta iniciativa, repasou a experiencia nun libro-CD editado recentemente por Galaxia.
De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movemento Popular da Canción Galega. 1973-1978, é o último traballo de Antón Seoane. O autor, membro fundador de Milladoiro, debulla neste libro-CD as súas lembranzas duns tempos que deixaron unha enorme pegada no desenvolvemento da música galega. Desde unha perspectiva persoal, amosa os nomes, intimidades, liortas, encontros e sinerxÃas que deron no desenvolvemento deste movemento. O volume editado por Galaxia inclúe ademais un CD no que Seoane, Pilocha, Xico de Cariño, Miro Casabella, Bibiano e outros músicos reinterpretan temas daquel perÃodo, algúns deles nunca gravados con anterioridade. Para Seoane, detrás deste traballo está a necesidade de recuperar a memoria duns tempos que, segundo el, "quedaron escurecidos pola chegada da democracia e o nacemento da Milladoiro, foron eventos tan importantes que deixaron un pouco na sombra o perÃodo inmediatamente anterior". Con vistas a aclarar o que aconteceu naquela época, "penso que non ven mal contar en primeira persoa e pór un pouco de orde o que foron aqueles tempos, que hoxe se descoñecen bastante. Estes foron cinco anos sen os que non se entenderÃa a viraxe da Galicia dos cantautores que era Voces Ceibes ao momento no que a música tradicional e o folk toma o relevo".
Do folk americano ao folk galego
Segundo narra Seoane, na altura de 1973 o panorama da música galega estaba dominada, cando menos na escena considerada máis moderna, polos cantautores. O grupo Voces Ceibes marcaba tendencia e situábase como referente da canción protesta, seguindo modelos do folk americano ou da Nova Cançó catalana. Fronte a isto, naquel momento comeza unha inquedanza en varios músicos por reivindicar un legado musical propio, vencellándoo do mesmo xeito aos movementos contra o franquismo. "Hai unha palabra que define a diferenza entre o mundo dos cantautores e o renacemento da música tradicional que era a palabra tradición. Daquela os movementos polÃticos marcados polo ideario do Partido Comunista eran renuentes a isto, porque o consideraban como galegadas ou folclore", apunta. O xiro que se propiciou desde o Movemento Popular da Canción Galega (MPCG) actualizou e achegou ao novo público instrumentos e formas musicais que estaban a ficar afastadas da mocidade urbana.
Nomes e viravoltas
Rodrigo RomanÃ, Pilocha, Xico de Cariño, Emilio Cao ou o grupo FaÃscas do Xiabre son nomes que se van sucedendo no libro de Seoane e que amosan a efervescencia daqueles anos. canda a estes, no MPCG coincidiron tamén nomes como Benedicto ou Bibiano, que desmontaron Voces Ceibes para se incorporar ao novo movemento, aÃnda que logo foron expulsados. Arredor destes encontros e desencontros, pairan as diferentes posicións polÃticas do momento e distintas visións sobre a música, detencións e represión policial e as dificultades propias dunha época na que, segundo explica o autor, ata os tratados sobre música tradicional circulaban de xeito practicamente clandestino.
Música tradicional para novos tempos
Malia ao impulso que lle deu este movemento á recuperación de formas sonoras propias, Seoane recoñece que naquela época xa existÃa unha certa escena. Certames, grupos de gaitas e de baile desenvolvÃan a súa actividade e, segundo sinala no libro, comezaban a se afastar dos esquemas dos Coros y Danzas franquistas. "O baile e o cante estaban vivos, a gaita, sen ser a normalización que hai agora, tamén tiña forza", explica. Asà un dos grandes méritos que desenvolveu o MPCG foi achegar novos ouvintes a esas formas musicais e aos instrumentos da nosa tradición. Nese sentido, o autor destaca que "foi o Festival do Sar que organizaron as asociacións O Galo e mais O Eixo en 1975 que marcou un antes e un despois". O evento congregou durante cinco horas preto de vinte bandas, desde cantautores na liña de Voces Ceibes a grupos xa daquela consolidados como Fuxan os Vento,s e acadou unha presenza de preto de 5.000 persoas, aÃnda que o evento acabou desaloxado pola policÃa. "En todo o festival só soaron gaitas nunha peza de Rodrigo Romanà que tocaba comigo e con AgustÃn Maroñas. Era a primeira vez que entraba a gaita nese contexto de música de autor e de música comprometida, e o público comezou a aplaudir. Entón a xente comezou a ver que era posible introducir a gaita nese contexto".
A recuperacÃon da zanfona
Un dos grandes eixes que marcaron o traballo dos membros do movemento foi a recuperación de instrumentos tradicionais que ficaran naquela época "á sombra da gaita", segundo explica Seoane . "Rodrigo RomanÃ, Pepe de Ferreiros e mais eu estabamos moi motivados pola recuperación de instrumentos que podÃan complementar a tradición da gaita. E buscamos este complemento en sonoridades medievais, con instrumentos que se verificara que estiveron presentes na nosa tradición". AsÃ, debémoslle como principal mérito neste campo ao MPCG a recuperación e popularización da zanfona, que naquel momento ficara esquecida logo do traballo fundacional, anos antes, de Faustino Santalices. "Penso que aà foi onde conseguimos facer moito. Conseguimos facer a primeira zanfona afinada en sol seguindo os cánones do instrumento a partir do traballo de Santalices". Canda a isto, a ocarina, a cÃtara ou a requinta foron tamén instrumentos que os membros do movemento pularon por recuperar para a nosa música, e que marcaron de xeito decisivo o son do folk galego durante anos.
Conexión internacional
A aposta do Movemento Popular da Canción Galega non foi allea a proposta de renacemento musical tradicional que se estaban a dar de xeito paralelo noutros lugares do mundo. AsÃ, Seoane narra no seu traballo a visita que varios membros do colectivo lle fixeron ao francés Allan Stivell, principal impulsor da recuperación da arpa celta, ou explica os contactos con movementos folclóricos suramericanos. "Por azar ou polo que fose tiñamos moita información do que acontecÃa fóra", explica "sabiamos do folclore francés e obviamnte do que se facÃa en Escocia ou en Irlanda". No mesmo sentido, "tiñamos claro que se Galicia tiña que pervivir cunha identidade propia tiña que se ollar na tradición". Seoane apunta, no entanto, que a ollada ao internacional que mantiñan nese momento era máis aberta da que se deu despois no folk do paÃs. "Daquela viviamos algo máis do que o monotema celta, tiñamos unha perspectiva máis ampla. Penso que houbo un perÃodo na música galega en que primou o discurso celta, e que iso deu nun certo empobrecemento".
Guitarras eléctricas e teclados
Pode chamar a atención que en paralelo a este traballo de recuperación, boa parte dos membros do MPCG se embarcasen, na altura de 1975 no proxecto Roi Xordo. Pilocha, RomanÃ, Seoane, Xico de Cariño, Zê LuÃs e Pi da BahÃa botaron a andar un grupo no que sons tradicionais mesturábanse con teclados, guitarras e baixos eléctricos ou baterÃa. "Daquela tiñamos certa sensación de urxencia, era como se o paÃs fose desaparecer en calquera momento e queriamos facer moitas cousas. Entón tamén nos permitiamos facer certos experimentos, e daquela Roi Xordo chamaba moito a atención"
A Milladoiro
No entanto, o grande produto daquela época, canda a carreiras musicais senlleiras como as de Emilio Cao ou Pilocha, foi a creación de Milladoiro. "Un encontro fundamental foi o que tivemos con grupo FaÃscas do Xiabre, no que estaba Xosé V. Ferreirós". Era 1975, en Padrón. "Coincidimos en que daquela se puxeron os piares de todo o que foi despois o movemento da música folk en Galicia. Encontrouse xente que non se coñecÃa entre ela e atopámonos falando das mesmas cousas e coa mesma paixón, e sen que dicilo directamente sabiamos que ao pouco tempo nacerÃa un grupo". E efectivamente, os tres nomes se atoparÃan despois en Milladoiro e abrirÃan un perÃodo novo na nosa música, xa ben máis coñecido do que este.