Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx é o tÃtulo do traball com que José MarÃa Durán Medraño se impuxo no VIII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, dotado con 3.000 euros. A concepción do traballo na sociedade contemporánea, a atender as súas dimensións social, creativa e estética, marca o eixe dunha obra que explora ademais o vencello entre traballo e pracer. O fallo do xurado do galardón, convocado conxuntamente pola SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa dábase a coñecer esta mañá en Compostela.