Unha revista dixital que quere amosar as artes e acoller debates sobre a cultura cunha proxección decidida cara á lusofonÃa. Esta é a proposta de Palavra comum, o proxecto que chegaba recentemente á rede da man de Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Ramiro Torres. Entre os colaboradores do proxecto están nomes como Xavier Alcalá, Iolanda R. Aldrei, Márcio-André, Amadeu Baptista, Carlos L. Bernárdez, Inma Doval, Xesús González Gómez, Eduardo Méndez Baamonde, Alberte Momán Noval ou Bieito Romero. A publicación abordará entre os seus contidos temas como arqueoloxÃa, música, fotografÃa, lendas, artes visuais, literatura, danza, educación, arquitectura ou gastronomÃa.